Antonio I. Paz Valverde

BIOGRAFÍA

Antonio Ignacio Paz Valverde naceu no Porriño en 1937. Fixo os estudos no colexio dos Xesuítas de Camposancos (A Guarda) onde aprendeu as primeiras nocións de linguaxe musical e piano. Cando tiña arredor de 14 anos xa dirixía o Coro do Colexio. A partir de 1952 tocaba o órgano en misas e funerais e traballaba con pequenos coros relixiosos do Porriño. Con 16 anos compoñía a peza de piano titulada María Teresa, dedicada a quen logo sería a súa esposa, composición que figura como a primeira das súas obras. Estaba aínda cumprindo o servizo militar cando participa como peza esencial na fundación da Coral Polifónica do C.R.C. do Porriño nos últimos meses de 1959. O primeiro grupo dos poemas galegos musicados -e tamén a Misa galega- foron creados entre 1962 e 1969 (O neno dormía, Non cho direi (Adeus), O asúbío, Solo quedeime, Era un airiño soave, No niño novo do vento, Si eu souper, Ao ver que non tiñas nome) son un grupo de pezas de grande interese polo seu propio valor artístico e pola época en que foron creadas.

 

En 1969, cando a música galega coñecía a irrupción protestataria de Voces Ceibes e a nosa cultura pretendía manifestarse entre a represión e a censura da ditadura, a agrupación coral do Porriño gravaba unha serie de pezas musicais tituladas xenericamente “canzóns galegas”. Como dixemos, foron editadas por primeira vez en tres discos Eps pola casa BCD e logo fundidas nun “long play” publicado en 1972 polo Instituto Argentino de Cultura Gallega de Bos Aires. En 1995, Edicións do Cumio posibilitou a escoita en CD elixindo como título o ano da gravación, 1969.

 

Máis aló do seu maxistral papel na dirección da Coral que brillou, sen dúbida, entre as dúas ou tres mellores agrupacións cantoras do país nos anos sesenta e setenta do pasado século, foi no eido da composición onde desvelou a súa acusada sensibilidade creadora. Pero ademais disto cabe subliñar o seu papel pioneiro na renovación da canción galega de factura culta, utilizando materiais poéticos contemporáneos nunha feliz selección de autores e poemas. Lembremos que nos concertos de 1962 xa incluían Nouturno e Canzón do paxariño de Faustino Rey Romero. En 1963, O neno dormía de Díaz Xácome; en 1964, Non cho direi (Adeus) de Pérez Creus.  E nos seguintes anos continuaría a crear melodías con textos de Cunqueiro, os irmáns Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Blanco Amor, Luís Pimentel ou Manuel María con quen mantivo unha breve pero interesante relación epistolar. En alusión a Voces Ceibes o poeta chairego dicíalle: “Agora que se está intentando unha nova canción moderna en galego, coido que é moi interesante –fundamental- unha renovación da nosa música polifónica, que se estaba quedando con letras de poetas do século pasado e con poemas populares. O intento feito por vostede de utilizar versos de poetas autuales é un indudabel e importante acerto. Penso que a súa laboura pode ser renovadora, fecunda e importante prá nosa cultura”.

 

Algunhas cantigas que logon tiveron versións moi divulgadas nos anos setenta (Longa noite de pedra, María Soliña, No niño novo do vento) xa tiñan excelentes melodías no papel pautado do compositor porriñés dende anos atrás. Concibidas cun criterio contemporáneo, tanto na escolla de poetas do momento como na liberdade musical do autor a hora de elaborar melodías e acompañamentos, Paz Valverde foi creando -de vagariño- unha colección de cancións galegas que suman ata o momento corenta títulos que representan a parte máis coñecida da súa obra.

 

Dedicou, tamén, tempo e creación para a música relixiosa (a Misa Galega foi igualmente gravada en 1969), para as composicións de piano, para os ritmos de América vencellados á tradición do canto coral e para o ensaio sobre textos en castelán (Rafael Alberti ou Juan Ramón Jiménez). Realizou unha inxente tarefa como arranxador de música culta e popular. A obra compositiva que conseguimos catalogar esta formada por 164 títulos que poderiamos agrupar nos seguintes apartados: Canzón galega (39 títulos);  Cancións en castelán (16); Piano (8); Misas (11); Motetes, himnos e vilancicos (38); Harmonizacións, arranxos, acompañamentos de musica relixiosa (23); Arranxos e adaptacións de música de América (17); Esbozos e arranxos varios (12).

 

As cancións galegas de Paz Valverde tiveron e teñen unha relevante difusión no eido coral -especialmente O neno dormía- e foron gravadas ou cantadas ao vivo por moitísimas agrupacións galegas ou foráneas (Casablanca, De Ruada, Grup Coral CenGaLlei de Lleida, Coral Villa de Salas de Asturias, Coral de Bielefeld –Alemaña- ou Ondarreta Abesbatza de Bilbao). E alén do ámbito coral, estas composicións foron versioneadas por Carlos Núñez en Os amores libres, Tereza Salgueiro –a fermosa voz dos portugueses Madredeus- en Obrigado, María Manuela en Para Miguel, María do Ceo en No bico un cantar, o grupo madrileño Rara Avis ou, incluso, unha artista pop que pasou polo programa televisivo Operación Triunfo, Eva Carreras, en Aries imperfecto de 2009. Finalmente a cantora lírica Teresa Novoa e o pianista Alejo Amoedo incluen con frecuencia as obras de Paz Valverde nos seus programas.

 

É realmente difícil disociar o labor estrictamente compositivo das demais partes que conforman o que ao noso entender é unha paixón pola música coral. A carón do compositor está o director, o pedagogo e o promotor de agrupacións corais de xeito que dende a adolescencia ata a actualidade, o nome de Antonio Paz Valverde é sinónimo da verba coralismo. Cantar paixonado que segue a reproducirse na actual actividade do Orfeón porriñés, herdeiro natural daquela Coral Polifónica fundada hai preto de sesenta anos. Coral e compositor que labraron esta pequena xoia da música galega cicelada coa paixón e a humildade dos grandes creadores.

 

OBRA CATALOGADA

CANCIÓN GALEGA | VARIA | PIANO | MISAS | CANCIÓNS RELIXIOSAS| PERFORMANCES E BOCETOS

(Catalogación realizada sobre a documentación compilada por Fátima Sío, María Teresa Paz Álvarez e Xosé Ramón Paz Antón coa activa participación de Antonio I. Paz Valverde. Indícase a numeración da copia existente no Arquivo Municipal da Imaxe do Porriño [A.M.I.]. Os títulos en letra inclinada corresponden a obras das que se descoñece a partitura).

 

I CANCIÓN GALEGA

AI, AMOR, QUE BON REMEIRO!

Letra: Casado Nieto / Música: A. Paz Valverde.

Coro SATB (A.M.I., PART_00065-01,02). Agosto 1982.

 

AMENCEU BICO OU ONDA DO MAR

Letra: Álvaro Cunqueiro / Música: A. Paz Valverde.

Coro ScA (A.M.I., PART_00066-01). Voz e piano (A.M.I., PART_00079-01, 02). Agosto 1982.

 

A NOITE

Letra: Xosé Pereiro Francés / Música: A. Paz Valverde.

Voz e piano. 1984. (Editada en Acougo). A. M. I. (pendente rexistro)

 

AO VER QUE NON TIÑAS NOME (Subtítulo COLORÍN) Letra: X. Mª. Álvarez Blázquez / Música: A. Paz Valverde. Coro SATB (A.M.I., PART_00067-01). Anterior a 1969. Nalgún programa aparece co título “Colorín”- Por outra banda, coidamos que é a mesma peza titulada “Floreciña ventureira” citada nun repertorio da C. P. Apóstolo Santiago de 2009.

 

BAMBOLIÑA (A rapaza que non paraba queta) Letra e música: A. Paz Valverde

Coro ScATB (A.M.I., PART_00091-01, 02, 03, 04). (Xoguete musical)

 

CANTA PAXARIÑO CANTA

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde.

Partitura descoñecida citada en Galicia Cantat nº 3. 1962 ou antes.

 

CANZÓN DO PAXARIÑO (inédito)

Letra: ¿Faustino Rey Romero? / Música: A. Paz Valverde.

Coro 6 v. mixtas (A.M.I., PART_00136-01 a 06) 1962 ou antes.

 

CARRO

Letra: Emilio  Álvarez Blázquez / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00082-01).

 

ERA UN AIRIÑO SOAVE

Letra: X. Mª. Álvarez Blázquez/ Música: A. Paz Valverde. Coro ScATB (A.M.I., PART_00068-01, 02). 1969 ou antes.

 

EU BEN SEI DUNHA FONTELA Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde.

Partitura descoñecida citada en Galicia Cantat nº 3. 1972 ou antes..

 

FONTIÑA AO PE DO MEU SONO

Partitura citada en Galicia Cantat nº 3. (A.M.I., PART_00137-01 a 03)

 

LONGA NOITE DE PEDRA

Letra: Celso Emilio Ferreiro/ Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00083-01, 02).

 

MAÑAN DE CORPUS A. Paz Valverde.

Coro ScATB (A.M.I., PART_00069-01, 02). 1984 ou antes.

 

MARÍA SOLIÑA

Letra: Celso Emilio Ferreiro / Música: A. Paz Valverde.

Voz e piano (A.M.I., PART_00084-01, 02). Coro SATB (A.M.I., PART_00084-03, 04). 1972 ou antes.

 

NA TÚA PORTA MINIÑA

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde

Partitura descoñecida citada EN Galicia Cantat nº 3.

 

NO CEO, AZUL CRARÍSIMO …

Letra: Rosalía de Castro / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00085-01, 02, 03).

 

NO NIÑO NOVO DO VENTO

Letra: Álvaro Cunqueiro / Música: A. Paz Valverde.

Coro ScATTB (A.M.I., PART_00070-01. Coro 4 v. SATB? (A.M.I., PART_00071-01, 02). 1969 ou antes.

 

NON CHO DIREI (Adeus)

Letra: Juan Pérez Creus / Música: A. Paz Valverde.

Coro ScATB (A.M.I., PART_00072-01, 02. 1965 ou antes.

 

NOS OLLOS TEUS

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde

Partitura descoñecida citada en Galicia Cantat nº 3.

 

NOUTURNO

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde.

Partitura descoñecida citada nun repertorio da CP do CRC O Porriño. 1962 ou antes.

 

O ASUBIO

Letra: Manuel María / Música: A. Paz Valverde.

Coro 4v (A.M.I., PART_00073-01, 02). 1969 ou antes.

 

O CORAZON ALUMIADO

Letra: ¿Luis Pimentel? / Música: A. Paz Valverde.

Coro ScATB (A.M.I., PART_00074-01, 02). 1974 ou antes.

 

O CUCO

Letra: Manuel María / Música: A. Paz Valverde.

Coro ScATB (A.M.I., PART_00075-01). Agosto 1982.

 

O MEU AMOR É CELOSO

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde

Partitura descoñecida citada en Galicia Cantat nº 3.

 

O NENO DORMÍA

Letra: Díaz Xácome / Música: A. Paz Valverde.

Coro SATB e piano (A.M.I., PART_00086-01, 02). Coro SATB e solo (A.M.I., PART_00086-03). 1963 ou antes. Nalgún programa de 1965 aparece unha “Canzón de berce” composta polo autor que seguramente é o subtítulo de “O neno dormía”.

 

OS NUMEROS

Letra: Manuel María / Música: A. Paz Valverde

Coro ScATB (A.M.I., PART_00076-01, 02).

 

PAISAXE

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde

Coro ScATB. PART_00077-01

 

PANDEIRADA

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde

Partitura descoñecida citada EN Galicia Cantat nº 3.

 

ROMANCE A UN AMOR DE LONXE

Letra: E. Blanco Amor / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00087-01, 02).

 

SÍ EU SOUPER …

Letra: Luis V. Pimentel / Música: A. Paz Valverde.

Voz e piano (A.M.I., PART_00092-01, 02). 1969 ou antes.

 

SOBRE O SOL

Letra: E. Guerra de Cal / Música: A. Paz Valverde.

Coro ScATB, 4 v. mixtas (A.M.I., PART_00135-01 a 03). maio de 1962.

 

SOLO QUEDEIME

Letra: J. Pérez Creus / Música: A. Paz Valverde.

Dúas voces e piano (A.M.I.,PART_00088-01, 02). Coro SATB e solistas. (A.M.I., PART_00088-03, 04). 1969 ou antes.

 

[TRES CANTIGAS DE AMOR PERDIDO]:

Letra: Eduardo Blanco Amor / Música: A. Paz Valverde

1 PREGO A UNHA FONTE

Voz e piano (A.M.I. PART_00081-01, 02). Versión coro, TB e piano (A.M.I. PART_00080-01).

2 ERMO

Voz e piano (A.M.I. PART_00081-03, 04). Versión coro, AS e piano (A.M.I. PART_00080-02).

3 SAUDADE

Voz e piano (A.M.I. PART_00081-05, 06). Versión coro, TB e piano (A.M.I. PART_00080-03, 04).

 

TROULEANDO … Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00093-01, 02).

 

UNHA PALABRA

Letra: Celso Emilio Ferreiro / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00089-01, 02).

 

UN VINCULEIRO

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde

Partitura descoñecida citada en Galicia Cantat nº 3.

 

VERBA DE DESPEDIDA

Letra: Dictinio de Castillo-Elejabeytia / Música: A. Paz Valverde.

Coro SATB e solistas SATB (A.M.I., PART_00078-01 a 07). 1977 ou antes.

 

VERBAS A MIÑA NAI

Letra: Manuel María / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00090-01, 02).

II VARIA (LITERATURA ESPAÑOLA)

ADOLESCENCIA

Letra: Juan Ramón Jiménez / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00096-01, 02, 03). (Bolero).

 

LA NOVIA

Letra: Rafael Alberti / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00095-01).

 

NANA

Letra e música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00094-01, 02). Coro SATB (A.M.I., PART_00094-03, 04).

 

SOLEDADES

Letra: Eusebio Blasco / Música: A. Paz Valverde

Dúas voces e piano (A.M.I., PART_00097-01, 02). (Habanera)

 

SOLEDAD

Letra: Antonio Rey Soto / Música: A. Paz Valverde

Voz e piano (A.M.I., PART_00098-01, 02, 03). (Habanera)

 

SUSPIROS

Letra: Hnos. Álvarez Quintero / Música: A. Paz Valverde

A. M. I. (pendente rexistro)

 

[TRES CANCIONES]:

Letra: Eduardo Frnández Valverde / Música: A. Paz Valverde

1 PRIMAVERA

SATB e piano. (A.M.I., PART_00107-01 a 09). Agosto 1988.

2 RECUERDOS DE LA TARDE

SATB e piano. (A.M.I., PART_00107-010 a 013). Xullo 1988

3 POR QUE CANTAS PAJARILLO

SATB e piano. (A.M.I., PART_00107-014 a 017). Outubro 1988

 

[TRES SONETOS]:

Letra: ¿ / Música: A. Paz Valverde

1 MI VIDA VERTICAL

Partitura citada en Galicia Cantat nº 3.

2 LUCHANDO CUERPO A CUERPO

Partitura citada en Galicia Cantat nº 3.

3 TIERNO COLOR

Partitura citada en Galicia Cantat nº 3.

 

[TRES TONADILLAS]:

Letra: Romanceiro español XV e XVI / Música: A. Paz Valverde

1 CANTARICO QUE VAS A LA FUENTE

Coro 4v.m. Partitura citada en Galicia Cantat nº 3.

2 RECUERDOS DE LA TARDE

4v.m. e solo. Partitura citada en Galicia Cantat nº 3.

3 POR PAJECILLO

4v.m. e solo. Partitura citada en Galicia Cantat nº 3.

VÁYANSE LAS NOCHES Música: A. Paz Valverde

Voz e piano. (A.M.I., PART_00109-01 a 09)

III PIANO

AMY (Divertimento) Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00106-01, 02).

 

HABANERA

Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00099-01, 02).

 

LOVE TIME

Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00104-01, 02, 03, 04).

 

MARÍA TERESA

Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00100-01, 02). 1953.

 

PARA SARAH (CLAROSCURO) Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00105-01, 02).

 

ROSAS Y GARDENIAS Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00103-01 a 04).

 

VALS (en mi menor) Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00101-01, 02, 03).

 

VALS DE OTOÑO Música: A. Paz Valverde

Piano (A.M.I., PART_00102-01, 02, 03).

 

IV MISAS

ALABANZA ESPIRITUAL Música: A. Paz Valverde.

Coro SATB (A.M.I., PART_00002-01 a 13). Agosto 1971.

 

MISA ALABANZA ESPIRITUAL VERSION 2002

Música: A. Paz Valverde. 2002.

SATB e órgano (A.M.I., PART_00036-01 a 07).

 

MISA

Música: A. Paz Valverde.

SATB e órgano (A.M.I., PART_00035-01 a 12).

 

MISA ANGÉLICA

Música: A. Paz Valverde.

3 v. e órgano (A:M.i., PART_00037-01 a 15).

 

MISA BREVE (Libreta azul)

Música: A. Paz Valverde. Abril de 1982.

4 voces mixtas e órgano. (A.M.I., PART_000110-18 a 25).

 

MISA GALEGA

Música: A. Paz Valverde. 1969 ou antes.

4 v. mixtas, pobo e órgano (A.M.I., PART_00038-01 a 13).

 

MISA (Libreta azul) Música: A. Paz Valverde.

SATB e órgano. (A.M.I., PART_000110-01 a 17).

 

MISA LIBRETA PAUTADA 1

Música: A. Paz Valverde.

Dous coros SATB+SATB e órgano (A.M.i., PART_00039-01 a 20).

 

MISA LIBRETA PAUTADA 2

Música: A. Paz Valverde.

Dous coros SATB+SATB e órgano (A.M.I., PART_00040-01 a 15).

 

MISSANOVA 2000

Música: A. Paz Valverde. 2000.

SATB e órgano (A.M.I., PART_00041-01 a 09).

 

MISSETA 2001

Música: A. Paz Valverde. 2001.

SATB e órgano (A.M.I., PART_00042-01 a 07)

V MOTETES, VILANCICOS E CANCIÓNS RELIXIOSAS

ALABEN CIELO Y TIERRA Música: A. Paz Valverde

1v. e órgano (A.M.i., PART_00003-01, 02).

 

ALELUYA

Música: A. Paz Valverde

4vm. E órgano (A.M.I., PART_00005-01).

 

ALELUYA, ALELUYA (Gregoriano) A. Paz Valverde

2 v. (A.M.I., PART_00050-01).

 

ALELUYA AMÉN

Música: A. Paz Valverde

4vm. E órgano (A.M.I., PART_00006-01).

 

ALELUYA PSALMICO A. Paz Valverde

Coro SATB e órgano (A.M.I., PART_00007-01 A 04).

 

ALELUYA ROMANOS A. Paz Valverde

4v. e órgano A.M.I., PART_00008-01).

 

ALMA ENAMORADA Música: A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I., PART_00010-01, 02).

 

AL NACER UN NUEVO DÍA Música: A. Paz Valverde

3v. e órgano (A.M.I., PART_00001-01, 02).

 

AVE MARÍA 1

Música: A. Paz Valverde

Coro 1v. E órgano (A.M.I., PART_00011-01, 02).

 

AVE MARÍA 2

Música: A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I., PART_00012-01, 02). Versión 4v. Mixtas e pequena orquestra citada en Galicia Cantat nº 3.

 

CANCIONES PARA TI … Música: A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I., PART_00014-01, 02).

 

CANTAD LAS GLORIAS DEL SEÑOR Música: A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I., PART_00015-01, 02).

 

CIELOS Y TIERRA VISTEN DE LUZ Música: A. Paz Valverde

SA e solistas máis órgano (A.M.I., PART_00018-01, 02).

 

CUANDO, SEÑOR, FLORECE UN NUEVO DIA Música: A. Paz Valverde. Maio de 1982.

SATB. (A.M.I., PART_00110-40, 41).

 

DE GRACIA LO DAN A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I., PART_00020-01, 02).

 

DIOS TE SALVE MARÍA

A. Paz Valverde, agosto de 1969.

4 v. m. e órgano (A.M.I., PART_00022-01 A 05).

 

ELSEÑOR ES NUESTRA FUERZA A. Paz Valverde

5 v.m. e órgano (A.M.I., PART_00023-01, 02). 4 v. m. (A.M.i., PART_00023-03).

 

EN MIS OJOS LA NOCHE

Texto: Ernestina de Champourcín / Música: A. Paz Valverde, maio de 1982.

4 v.m. con ou sen órgano. Citado en Galicia Cantat nº 3. (A.M.I., PART_00110-35, 36).

 

ESTA LUZ QUE ME DAS

Texto: Padre Félix García Vielba / Música: A. Paz Valverde, abril de 1982.

SATB. (A.M.I., PART_00110-42 a 46). 4 v.m. con ou sen órgano citado en Galicia Cantat nº 3.

 

FLORES, CANTOS, SUEÑOS … A. Paz Valverde

4 v. m. e órgano (A.M.I., PART_00026-01 A 04).

 

GLORIA AL REY A. Paz Valverde

4 v. m. e órgano (A.M.I., PART_00027-01, 02).

 

GRACIAS SEÑOR

Texto: García Nieto / Música: A. Paz Valverde, abril de 1982.

1 v. e órgano (A.M.I., PART_00028-01, 02). SATB (A.M.I., PART_110-28 a 31).

 

HONOR Y GLORIA A. Paz Valverde

3 v. e órgano (A.M.I., PART_00029-01, 02).

 

LAS PALABRAS PEQUEÑAS

Texto: Juan Bautista Bertran / Música: A. Paz Valverde.

3 v. (A.M.I., PART_00032-01). SATB (A.M.I., PART_110-37 a 39).

 

MORENA POR EL SOL DE LA ALEGRÍA

Texto: Luis Rosales / Música: A. Paz Valverde, abril de 1982.

1 v. e órgano (A.M.I., PART_00043-01). SATB (A.M.I., PART_110-32 a 34).

 

OH PADRE NUESTRO … A. Paz Valverde

4 v. (A.M.I., PART_00049-01). 4 v. e órgano (A.M.I., PART_00049-02).

 

ORACIÓN EN SILENCIO

Texto: José Luis Hidalgo Torres / Música: A. Paz Valverde, abril de 1982.

2 v. (A.M.I., PART_00050-01). SATB (A.M.I., PART_00110-26,27).

 

PADRE NUESTRO, PADRE BUENO A. Paz Valverde

2 v. (A.M.I., PART_00050-01).

 

PADRE NUESTRO (Plegaria) Música: A. Paz Valverde

1 v. e órgano (A.M.i., PART_00051-01, 02).

 

PADRE NUESTRO Música: A. Paz Valverde

4 v. m. (A.M.I., PART_00051-03).

 

PADRE NUESTRO 2

Música: A. Paz Valverde

1 v. e órgano (A.M.I., PART_00052-01, 02).

 

PADRE NUESTRO PADRE DIOS … A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I, PART_00053-01, 02).

 

QUÉDATE CON NOSOTROS A. Paz Valverde

SATB (A.M.I, PART_00055-01). 1 v. e órgano (A.M.I, PART_00055-02, 03).

 

SOLO A TI SEÑOR … Música: A. Paz Valverde

4 v. m. e órgano (A.M.I., PART_00056-01, 02).

 

TANTUM ERGO

Música: A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I., PART_00059-01, 02).

 

TU LO SABES SEÑOR

E. de Champourcin / A. Paz Valverde

SATB e órgano (A.M.I., PART_00060-01).

 

VIDA Y VERDAD Música: A. Paz Valverde

4 v. e órgano (A.M.I., PART_00062-01).

 

VILLANCICO A 4 Y 5 VOCES A. Paz Valverde, 1960.

4 e 5 v. e órgano (A.M.I., PART_00063-01, 02). Só está o enunciado e portada, non aparece a partitura.

VI PERFOMANCE MÚSICA RELIXIOSA (ARRANXOS, HARMONIZACIÓNS, ACOMPAÑAMENTOS)

ALEGRÍA DE VIVIR Acpto.: A. Paz Valverde

1v. e piano. (A.M.I., PART_00004-01, 02).

 

ALGUIEN ME LLAMA

Acpto.: A. Paz Valverde (Outubro 1997)

Coro, solo e órgano. (A.M.I., PART_00009-02, 01). Negro espiritual.

 

AVE MARÍA (Versión 3 voces brancas)

Música: Gounod / Versión coro: A. Paz Valverde

3 v. e órgano. (A.M.I., PART_00013-01, 02).

 

CANTO A MARÍA

Música: P. Iruarrizaga / Arreglo: A. Paz Valverde

SA, solistas e órgano. (A.M.I., PART_00016-01, 02).

 

CERCA DE TI SEÑOR

Música: Adams / Versión libre: A. Paz Valverde

SATB e órgano. (A.M.I., PART_00017-01, 02). Tiple, alto, tenor, baixo.

 

CON VOSOTROS ME QUEDO Arreglo e acopto.: A. Paz Valverde

3 v. e órgano. (A.M.I., PART_00019-01, 02).

 

DIOS ES ALEGRE … Acpto.: A. Paz Valverde

Voz e piano. (A.M.I., PART_00021-01, 02).

 

EN EL TREN DE LA VIDA Arreglo: A. Paz Valverde

SATB e órgano. (A.M.I., PART_00024-01).

 

EN TUS MURALLAS JERICÓ Acpto.: A. Paz Valverde

Voz e órgano. (A.M.I., PART_00025-01).

 

IGLESIA PEREGRINA

Acpto.: A. Paz Valverde (Outubro 1997) Voz e órgano. (A.M.I., PART_00030-01).

 

JUNTOS COMO HERMANOS Acpto.: A. Paz Valverde

2 v. e órgano. (A.M.I., PART_00031-01).

 

¿LE CONOCEIS?

Arreglo e acpto.: A. Paz Valverde

Voz e órgano. (A.M.I., PART_00033-01, 02).

 

MAS BELLA ES MARÍA Acpto.: A. Paz Valverde

2 voces e órgano. (A.M.I., PART_00034-01).

 

NANA

Glinka / Arm. (armonización): A. Paz Valverde

SATB e solo. (A.M.I., PART_00044-01).

 

NIÑO DIVINO (VILANCICO) Arm. e acpto.: A. Paz Valverde

3 voces e órgano. (A.M.I., PART_00045-01, 02).

 

NOITE DE PAZ

Acpto. e harm.: A. Paz Valverde

SATB. (A.M.I., PART_00046-01 a 02).  Órgano (A.M.I., PART_00046-03).

 

O SALUTARIS

Beethoven / Acpto.: A. Paz Valverde

SATB e órgano. (A.M.I., PART_00047-01, 02).

 

O SANCTISSIMA (Melodía siciliana) Anónimo / Acpto.: A. Paz Valverde

2 voces e órgano. (A.M.I., PART_00048-01, 02).

 

PEQUEÑAS ACLARACIONES Acpto.: A. Paz Valverde

Voz e órgano. (A.M.I., PART_00054-01, 02).

 

SOLO DIOS ES GRANDE Acpto.: A. Paz Valverde

2 voces e órgano. (A.M.I., PART_00057-01, 02).

 

SUFRES, LLORAS, MUERES

Acpto.: A. Paz Valverde (Finais 1997)

2 voces e órgano. (A.M.I., PART_00058-01 a 03).

 

UN PUEBLO QUE CAMINA

E. Vicente. Acpto.: A. Paz Valverde. (Outubro 1997). Voz e órgano. (A.M.I., PART_00061-01).

 

VILLANCICO VENEZOLANO Arreglo coro: A. Paz Valverde SATB. (A.M.I., PART_00064-01).

VII PERFORMANCE AIRES DE AMÉRICA (ARRANXOS E ADAPTACIÓNS PARA CORO E PIANO)

BRASIL (ACUARELA BRASILEIRA)

Ary Barroso / Arranxo para coro e piano: A. Paz Valverde

4 voces e piano. (A.M.I., PART_00112-01, 02).

 

CANCIÓN DE ORFEO (MANHA DE CARNAVAL)

Voz e piano. Antonio María- Luiz Bonfa / Arranxo para coro e piano: A. Paz Valverde

Voz e piano. (A.M.I., PART_00113-01, 02).

 

CHARADE

Jonhy Mercer- Henry Mancini / Arranxo coro e piano: A. Paz Valverde

3 voces e piano. (A.M.I., PART_00117-01 a 03).

 

CIELITO LINDO

Aurelio Varela- Pablo A. Fernández / Arranxo para coro e piano: A. Paz Valverde

4 voces e piano. (A.M.I., PART_00118-01, 02). Vals mexicano.

 

CONTIGO EN LA DISTANCIA

C. Portillo de la Luz / Arranxo para coro e piano: A. Paz Valverde

2 voces e piano. (A.M.I., PART_00119-01, a 03). Bolero?

 

EL CUMBANCHERO

Rafael Hernández / Arranxo para coro e piano: A. Paz Valverde

3 voces e piano. (A.M.I., PART_00120-01 a 03). Rumba-guaracha.

 

EL DÍA QUE ME QUIERAS

A. Le Pera – C. Gardel/ Adaptación para coro e piano: A. Paz Valverde

3 voces e piano. (A.M.I., PART_00121-01 a 03).

 

EVERY TIME

Arranxo para coro e piano: A. Paz Valverde

3 voces e piano. (A.M.I., PART_00122-01, 02). Espiritual negro.

 

JOSHUA FIT THE BATTLE OF JERICO Arranxo coro e piano: A. Paz Valverde

2 voces e piano. (A.M.I., PART_00124-01 a 03). Espiritual negro.

 

MARÍA CRISTINA (ME QUIERE GOBERNAR)

Letra e música: Ñico Saquito / Arranxo coro e piano: A. Paz Valverde

Voz e piano. (A.M.I., PART_00126-01 a 03). Guaracha.

 

MILONGA SENTIMENTAL

Letra: H. Manzi – Música: S. Piana / Arranxo coro e piano: A. Paz Valverde.  O compositor atribúe este tema a Manzi e Carlos Gardel pero non semella correcta a autoría aínda que Gardel foi intérprete e responsable da súa notable divulgación.

4 voces e piano. (A.M.I., PART_00127-01 a 03).

 

MOON RIVER

J. Mercer – H. Mancini / Adaptación coro tres voces blancas e piano: A. Paz Valverde

3 voces blancas e piano. (A.M.I., PART_00128-01 a 03).

 

NOCHE DE RONDA

María Teresa Lara Aguirre (¿Agustín Lara?) / Arranxo para coro e piano: A. Paz Valverde

3 voces e piano. (A.M.I., PART_00114-01, 02). Bolero?

 

PRECIOSA (BORINQUEN)

Rafael Hernández / Adap. coro e piano: A. Paz Valverde

4 voces e piano. (A.M.I., PART_00131-01, 02). Bolero?

 

TE QUIERO, DIJISTE

María Grever / Adap. coro e piano: A. Paz Valverde

Voz e piano. (A.M.I., PART_00133-01, 02). Tamén coñecida por “Muñequita linda”.

 

VERANO (SUMMERTIME, da ópera “PORGY AND BESS”) G. Gershwin / Arranxo coral: A. Paz Valverde

Voz e piano. (A.M.I., PART_00115-01 a 03).

 

YO VENDO UNOS OJOS NEGROS Adap. coro e piano: A. Paz Valverde

Voz e piano. (A.M.I., PART_00134-01, 02). Tonada chilena.

VIII BOCETOS E PERFORMANCE VARIAS

BOCETO (1)

A. Paz Valverde

2 voces e piano. (A.M.I.,  PART_00108-01).

 

BOCETOS (2) A. Paz Valverde

(A.M.I.,  PART_00108-02).

 

BOCETOS (3, ¿Ani novo?) A. Paz Valverde

(A.M.I.,  PART_00108-03).

 

BOCETO (4)

A. Paz Valverde

(A.M.I.,  PART_00108-04).

 

DESPUÉS QUE TE CONOCÍ

Quevedo- Eduardo Toldrá / Arranxo para coro: A. Paz Valverde

SATB e piano. (A.M.I., PART_00116-01 a 03).

 

GRAN POLONESA

Música: Chopin / Versión facilitada para alumnos de piano: A. Paz Valverde. Piano. (A.M.I., PART_00111-01 a 10).

 

I´TE VURRIA VASÀ

V. Russo- Di Capua- Mazzucchi / Arranxo coro e piano: A. Paz Valverde

4 voces e piano. (A.M.I., PART_00123-01, 02). Canción napolitana.

 

KALINKA

Arranxo coro e piano: A. Paz Valverde

2 voces e piano. (A.M.I., PART_00125-01 a 03). Canción popular rusa.

 

MORRIÑA

Autoría J. Vide / A. Paz Valverde (sen especificar)

Partitura descoñecida citada nun repertorio da CPHX Calde Lugo 2009.

 

NEGRA SOMBRA

Rosalía de Castro – Juan Montes / Adap. coro e piano: A. Paz Valverde

3 voces e piano. (A.M.I., PART_00129-01 a 03).

 

O SOLE MIO

G. Capurro – E. Di Capua – A. Mazzucchi / Adap. coro e piano: A. Paz Valverde

3 voces e piano. (A.M.I., PART_00130-01, 02).

 

SANTA LUCÍA

Adap. coro e piano: A. Paz Valverde

4 voces e piano. (A.M.I., PART_00132-01, 02). Napolitana popular.